Un pequeno paso para un home...
... un .exe para instalar en basecamp ou mapsource.
Versión 0.9 Transparente e Ruteable.
- Presentase en formato .exe. descarga o arquivo, instalao e estará acesible para Basecamp ou Mapsource.
- A compilación ocupa menos de un Megabyte, uns 900Kb.
- Ámbito: Folla 0022 (50k) e Folla 0023-3 (25k) do MTN (Pontedeume, Fene, As Pontes, Xermade)
- Conten Autopistas, Autovias, Carreteras, Pistas, Camiños, Sendas, Rios e Nomes de entidades de poboación.
- Entidades de poboación Indexadas: podedes buscalas para establecer un destino
- Trasparente: podes levar TopoHispania v2.03 ou TopoEspaña v4.0 debaixo e ver os dous
- Ruteable. Dependendo da actividade que teñas selecionada calculache a ruta. Se seleccionas coche ten en cota ata as pistas, se vas en bici emprega tamen os camiños e a pe busca tamén nas sendas
- Melloras sobre o MTN e polo tanto sobre TopoHispania e TopoEspaña:
Na Folla 0022 (1:50k) engadiuse: | |
- Estrada de enlace desde o póligono de vilar do colo á estrada de As Pontes, e pistas lindeiras | |
- Completouse o trazado da autoestrada de Vilalba | |
- Engadironse moitas sendas polas Fragas do Eume (Visitade o canón do Eume (O tramo entre a Central de Ventureira e O Encoro do Eume) se queredes dicir que vistes As Fragas )(http://eume-btt.blogspot.com/2011/12/no-todo-vai-ser-btt-no-eume.html | |
- Mellorouse o trazado do Casco Urban de As pontes | |
Na folla 0023-3 (1:25k) engadiuse: | |
- Autoestrada de Vilalva e pistas os marxes | |
- Actualizouse o trazado de TODAS as carreteras, pistas, camiños e sendas. | |
- Correxiuse o trazado dalguns regos afetados polas obras da autoestrada. |
Se "cando bou na bici non vexo os camiños", proba a cambiarlle a cor ou sentate un pouco, ai xa cada un...
Unha vez cambiado o TYP, a proxima vez que abrades Mapsource terá efecto e teredes que pasalo de novo ao gps coa nova apariencia.
Agradecementos a FSeoane polos seus tracks.
Invitovos a colaborar:
Seria interesante localizar as fontes, podedes mandar waypoints gpx ou kml.
Se hai algún erro avisade.
Dicide que tracks podo engadir, nas zonas de arbolado a ortofoto non sirve de moito.
O meu Correo e jmloureiro77@gmail.com